Estadio B

Ás veces (en realidade, case sempre) atópome máis cómoda escribindo nunha lingua que non é “a miña”. Creo que é porque, a pesar dos inevitables erros, escribir noutro idioma obrígame a aclarar, organizar e simplificar máis os meus pensamentos, dado o limitado dos recursos expresivos dos que dispoño. De xeito que, cando releo textos que escribin para, por exemplo, un curso de idiomas, atópome con reflexións coas que sigo a identificarme anos despois, e que moitas veces sería incapaz de expresar na "miña" lingua coa mesma claridade e precisión. Estaba pensando en traducir algún para subilo a este blog, pero o resultado non me gusta, así que prefiro deixalos como están: o imperfecto pero desacomplexado estadio B das linguas "alleas".

Comentarios

Entradas populares de este blog

Trabajo y empleo

Normal Natural Necesario

Metáfora conceptual y viceversa