Amnesia




  
 O peso da realidade é un perpiaño que me esmaga e alporiza porque non son capaz de aceptar de todo esta vida descoñecida, o acoso silencioso destas persoas que esperan en min a alguén que non lembro ser.
Resultado de imaxes para laura no deserto
Existo en vós, na vosa memoria e esa dependencia asústame e fai que tema as vosas palabras.
Non querías falar do teu pasado. Sempre puñas o exemplo do Lohengrin da ópera de Wagner, aquel cabaleiro do Graal que defendeu a princesa Elsa, á que lle pediu a man coa condición de que ela non lle preguntase nin o seu nome nin a súa orixe.
Sospeito de debería afrontar a miña vida coma un xogo e crer que, malia a amnesia, se cadra poida ser feliz vivindo con sinxeleza, allea a toda a memoria. É un proceso complicado. Non son o que lembro senón o que imaxino.

A liberdade debería permitir borrar a nosa historia persoal e deixar que nos reinventemos todos os días.

Existo no recordo alleo, mais iso non me axuda a superar o fracaso da miña memoria nin o esforzo de os compracer, de compensar o feito de os ter abandonado dun xeito tan absurdo. Cando alguén coa ollada, esperta en min un calafrío porque non sei se algo de min vive nel.
Nestas fotos está a mensaxe cifrada dun tempo ido, o momento eternizado que axuda a que a miña intuición poida tocar a alma do que son a través do que fun, do que vivín. Cada páxina que paso é coma a apertura dunha intimidade, a vontade secreta dun desexo que explota na miña cabeza e me volve aos espazos que estaban durmidos.
É unha ironía do destino que Laura sexa titular dunha memoria que a ata a un pasado do que está afastada fisicamente e, non obstante, poida habitar un presente coma se pairase polas dimensións dun cuarto escuro.
Sempre estou a fuxir. Se cadra a miña amnesia sexa outra fuxida. Cando era moza fuxía do pasado e, agora que quero volver a el, estou a fuxir do presente, do futuro. É coma se no mundo non houbese sitio para min.
Eu sempre fuxía do amor e procuraba o escudo dunha independencia que, no fondo, non era máis que o medo a sufrir.
A guerra debeu de poder con noso amor. Non o sei. Máis que del, dubido de min, que sempre fuxín desa sensación de pertenza. Lucien semellaba estar moito máis namorado ca min.
A  violencia exercida pola pistola ten algo tan vicioso que sinto coma se o corpo estivese a medrar de tamaño.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Trabajo y empleo

Normal Natural Necesario

Metáfora conceptual y viceversa