Vintecinco de xullo
25 de xullo de
2015. A media tarde, os medios galegos fanse eco dunha multitudinaria
manifestación soberanista en Santiago de Compostela. Nos medios españois, as decisión
de Podemos ou a morte dun león africano teñen unha mais relevancia á hora de
decidir a noticia de portada. Hai que navegar ata atopar a sección “Galicia”
para atopar algunha referencia ao día da patria galega, e aínda aí, a
manifestación queda escurecida polas palabras dun presidente que non fala de
Galicia, fala de España.
.
.
Teñen razón. Os
medios galegos esaxeran moito a repercusión. 25000 persoas non son moitas, nin
sequera un 1 % da poboación galega. Tamén é verdade que grazas a iso non
provocamos nos centralistas sentimentos tan negativos coma, por exemplo, os
cataláns. O certo é que, simplemente, non provocamos nada. Somos como
Castroforte do Baralla, non saímos nos mapas de Madrid. Emerxemos de cando en vez, cando se afunde un petroleiro,
descarrila un tren ou o lume arrasa a metade do territorio. E logo volvemos
desaparecer.
En fin, tampouco
hai que fiarse. Eu, que non estiven hoxe en Santiago, apoio sen reservas a idea
de confluencia que representa esta manifestación. Quero unha marea galega, con
denominación de orixe, nosa e para nós, que nos poña no mapa. Quero curar a
fendedura, olvidar a tristura e voltar comezar. Así que, para o caso, xa é coma
se fosemos 25001 (polo menos)

Comentarios